lunes, 15 de diciembre de 2008

cesar del caño en concerto lírico



o xoves día 11,asistin no liceo  de ourense a un concerto de música lírica no cal actuou o amigo veciño ,músico é artista cesar del caño,en compaña da soprano anna feu é o pianista daniel garcia,todos iles teñen unha gran traiectoria musical o cal se  viu reflexado no gran concerto que nos ofreceron  a  os asistentes ,que non foron poucos,no seu repertorio interpretaron letras dos grandes poetas ourensás,como ramón otero pedrayo,celso emilio ferreiro,vicente risco,manuel curros enriquez entre outros,musicalizados por directores como antonio garcia abril,albert blancafort,óscar esplá entre outros,anque un non é entendido niste tipo de música,foi unha ledicia de concerto,e ainda mais gratificante era ver os interpretes alegres e satisfeitos pola gran acollida que tiveron,gloria a os artistasde verdade.

2 comentarios:

Mariño dijo...

Ei meu! non sabía eu destas túas cualidades...

Eiquí che deixa un saúdo un de Macendo sentindo moito non ter acudido ao concerto do amigo César.
Xa sabes que o traballo mo impediu.

Saúdos e que isto medre!

César dijo...

Orgullo teño,
dos amigos e da terra;
orgullo levo;
orgullo, e gratitude levo.

Un orgullo húmido a perpetuidade que se arrastra sumiso pola veira dos Baloiros ata axionllarse, servil, ante a fondura antiga do regueiro, na Tapada.

Agradecemento ós vellos amigos da nenez, por adoptar como seu iste involuntario desvarío permanente que co tempo din en chamar arte.

Agradecemento eterno ó Noallo que me posúe e reclama con constancia enfermiza, desatendendo iste meu antigo anceio irrefreable de voar en liberdade.
Dúas forzas contrapostas que manteñen, quizais, o necesario equilibrio nesta fráxil caixa de fantasías que teño por cerebro.

Orgullo teño
de ser fillo
do Ribeiro.