martes, 9 de diciembre de 2008

que ledicia vivir en castrelo de miño





benvidos o meu blog,espero que en prosimos escritos poida contaros moitas cousas interesantes de iste curruncho tan especial é único ,no cal un ,o respirar o aire que o abrangue ,o sol que o ilumina e o Miño que o meze coas suas augas, desexa estar moito tempo vivindo disfrutando,,e sintindome como si estivera noutra galaxia.

3 comentarios:

insomniorizar dijo...

Pois si, este Castrelo ten algo doutra galaxia!

Terra forte, sen dúbida! Terra cunha fermosa historia!
Eu veño dunha terra as´i, brava pero fermosísima, por iso me sinto quizáis tan atraída polo Ribeiro.

por iso, e por que dende ben pequerrechiña o xoguete máis entretido que tiña na miña casa era o picho do barril de Ribeiro que me avó tiña cerca das súas mans. Mimá, cantas veces me dicía q non andara a xogar con el. pero non rifaba, el nunca rifou!

Estes días, ándote moi reflexiva, acerca destas terras, e moi observadora, e dinme conta que o Ribeiro que eu desfruto día a día, quizáis eche unha ilusión que funme construiíndo eu, na miña cabeza, pero que ese Ribeiro idílico, non existe para moitos e moitas.

Para min, O Ribeiro é a liberdade de vivir e facer o meu pedazo de terra, ese pedazo de terra que dibuxaba de pequerrecha.

Pero amij! non todos pensan coma nos, nin ben estas terras cos nosos ollos.

Pois peor para eles e que polo menos non molesten os que traballan por facer desta terra esa ilusión que eu teño na miña cabeza.


Benvido amijo!

ochoimollo dijo...

tes sentido razón nnos teus comentarios,porque as cousas si non se levan dentro é non se sinten,nunca apreciaremos isa beleza ,e magnetismo sque esta na sua esencia mesma,esperemos que a nosa ialma nunca deixe de sorprenderse é alegrarse de toda a fermosura que ten o seu arrededor.viva a alegria de vivir.

César dijo...

Orgullo teño,
dos amigos e da terra;
orgullo levo;
orgullo, e gratitude levo.

Un orgullo húmido a perpetuidade que se arrastra sumiso pola veira dos Baloiros, ata axionllarse, servil, ante a fondura antiga do regueiro, na Tapada.

Agradecemento ós vellos amigos da nenez, por adoptar como seu iste involuntario desvarío permanente que co tempo din en chamar arte.

Agradecemento eterno ó Noallo que me posúe e reclama con constancia enfermiza, desatendendo iste meu antigo anceio irrefreable de voar en liberdade.
Dúas forzas contrapostas que manteñen, quizais, o necesario equilibrio nesta fráxil caixa de fantasías que teño por cerebro.

Orgullo teño
de ser fillo
do Ribeiro.